Propostas do BNG para Parroquias Santacruz e Cabaleiros

PROPOSTAS DO BNG PARA PARROQUIAS DE SANTACRUZ E CABALEIROS

PARQUE INDUSTRIAL EN OS CHAOS. O BNG apoia a construción dun Parque Comarcal en Os Chaos. Pola contra, o grupo de goberno do PP no concello non levou ao pleno o apoio solicitado pola Plataforma Cidadá creada para reivindicar a construción dun Parque Empresarial en Os Chaos; apoio que si recibiron dos outros concellos da comarca. Ao PP de Lobeira non lle interesa a instalación dun parque industrial no seu termino municipal.
AREA LÚDICO-RECREATIVA E DE LECER no entorno do encoro das Conchas, con instalacións que permitan a práctica de deportes náuticos. Posta en marcha do “embarcadoiro” de Os Chaos e limpeza da área recreativa.
TERREOS PARA DOTACIÓNS NA PONTE PEDRIÑA: O BNG presentou no Concello un documento coas sinaturas dos veciños de Santacruz e Cabaleiros para cesión dos terreos necesarios no monte para construción de infraestruturas comarcais da Baixa Limia.
LOCAL DE ENSAIO como plataforma de difusión cultural en dependencias en desuso do poboado das Conchas; fomentar a creación de grupos musicais.
Compromisos do BNG de Lobeira para parroquia de Santacruz:
• Asuntos Sociais. Axuda no fogar: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades, potenciando a autonomía persoal.
• Abastecemento auga corrente na Pontepedriña.
• Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
• Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
• Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
• Remate rede de sumidoiros en Labandeira; arranxo fonte de Carreiras.
• Camiño de Filgueira ata o Quintairo. Camiño de Viñoá en Tedós ata Pontepedriña.
• Desbroces para cazadores e gandeiros.
En Ermille: camiño de Cacheiró ata a canella da Cal e solución ao problema da fosa séptica e da rede de sumidoiro.
GAIÁS: solución ao abastecemento de auga corrente. Camiño da Pousa e camiño de Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Gaiás debaixo. Remate pista en Gaiás debaixo.
OS CHAOS: rehabilitación do forno. Arranxo tubarias de regadío na pista nova. Arranxo e limpeza camiño dende Fradalvite a Os Chaos.
CABALEIROS: Remate da rede de sumidoiros. Fonte do lugar darriba, poza e accesos a fonte. Pista de Baldoi e recuperación do Poldrado sobre o Río de Grou. Axuda para novas captacións de auga corrente e construción dun novo depósito. Camiño de Cabaleiros a Santacruz. Arranxo e limpeza de camiños en xeral.
Os candidatos do BNG da parroquia de Santacruz son Fátima Rodríguez da Ponte, Dolores Feijóo de Gaiás, Lito e Iago Fernández de Santacruz Jaime Cristino de Ermille.

martes, 12 de abril de 2011

Impugnación censo electoral de Lobeira

SR./A DELEGADO/A PROVINCIAL OFICINA DO CENSO ELECTORAL

DATOS PERSOAIS E DA ORGANIZACIÓN BNG........................, designado como representante xeral perante a Xunta Electoral Provincial de Ourense, comparece e DI:

 Por medio do presente escrito, e de acordo co establecido no artigo 39.4 da LOREX e na Instrución da XEC 1/2011, do 24 de marzo, formúlase IMPUGNACIÓN do censo electoral da circunscrición electoral de LOBEIRA (Ourense),  polo incremento significativo e non xustificado do censo electoral que deu lugar á comunicación prevista no artigo 30.c) da LOREX, fundándose en:

PRIMEIRA.- Ao longo dos últimos anos no concello de Lobeira o censo sufría descensos cifrados entre 60 e 80 persoas, debido á evolución demográfica negativa, Precisamente ao longo do último ano (1.1.2010 a 31.1.2011) esa tendencia inverteuse, sen que houbera xustificación para iso, pois a tendencia demográfica nos concellos da comarca sigue a ser negativa, habendo unha variación de altas por cambio de residencia de 78 persoas.
Esas variacións prodúcense no ano anterior á celebración de eleccións locais, co ánimo de adulterar o censo electoral, pois non se corresponden cun incremento real da poboación residente, senón cunha inscrición exclusivamente motivada para exercer o dereito de voto en Lobeira.
A evolución demográfica de Lobeira era análoga á de moitos concellos rurais da provincia de Ourense, afectados polo avellentamento poboacional que motiva un maior computo de baixas de poboación que de altas, e o comportamento deste último ano é anómalo, non só comparado coa dinámica do concello de Lobeira nos últimos anos, senón cos concellos de similares características da comarca ou da provincia.

 SEGUNDA.- Xa que logo, debe procederse a revisar e dar de baixa do censo electoral definitivo para as vindeiras eleccións todas as altas por cambio de residencia habidas no censo electoral de Lobeira desde o día 1 de xaneiro de 2010 até 31 de xaneiro de 2011, cuxo listado se adxunta (todas (60) as altas relacionadas nas follas 2 a 6, así como as 8 inscricións anteriores a 31.01.2011 das follas 7 e 8), que foi facilitado polos servizos do concello.

TERCEIRA.- Particularmente, figuran censadas persoas que, alén de non residir como moitas das reflectidas no anterior listado, non teñen ningunha relación con Lobeira, e cuxa inscrición se impugna especificamente: 
RELACIÓN DE 20 PERSOAS QUE SE OMITEN NESTE BLOG COMO É OBVIO 

En suma, as persoas citadas figuran residindo na súa maior parte en vivendas do Sr. Alcalde ou de persoas con parentesco ou afinidade co mesmo, sen que poidan acreditar residencia efectiva e habitual no concello de Lobeira, alén de que incluso algunhas das persoas citadas figuran residindo en locais inhabitábeis. A estes efectos, achéganse fotografías dalgunha das casas e solares nos que foron censadas ditas persoas, que non teñen condicións para poder residir habitualmente.

CUARTA.-  O incremento detectado no último ano responde a una estratexia do Sr Alcalde, como el recoñeceu en días recentes ao xornal “Faro de Vigo”, onde declarou na edición de Ourense de 7 de abril:
Y justifica las altas, argumentando que parte de ellas corresponden a personas que se incorporaron al Obradoiro de Emprego y a otras que tienen la esperanza de lograr contratos para incorporarse a las brigadas de verano de la administración local. "Otros están esperando, porque con eso de la declaración de la zona como reserva de la biosfera, a lo mejor cae algún puesto de trabajo por ahí".
El alcalde advierte que "de momento" no le puede ofrecer nada a nadie, ni a sí mismo, "porque este es un ayuntamiento pobre, pero a lo mejor cae algún puesto de trabajo por ahí". Y agrega, a renglón seguido: "Con la crisis que hay, la gente trata de buscar un puesto de trabajo, no le puede parecer mal a nadie".”

En suma, recoñece un aumento das altas que non teñen a ver con residencia real, senón -segundo a súa xustificación- coa procura de emprego, que desde logo non discutimos o dereito a realizala por quen está desempregado, mais non a adulterar censos de poboación e electorais, inscribíndose alí onde non reside habitualmente.
Aínda que poidamos diverxer de se ese é o motivo real das altas significativas de Lobeira desde o 1 de xaneiro de 2010 até a data de peche do censo electoral para as vindeiras eleccións municipais, o certo é que se admite unha xustificación das mesmas por motivos laborais e non por motivos residenciais, única causa que se admite no Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial para realizar a alta censal.

Xa que logo, SOLICITA
Que teña presentada a presente impugnación, e na súa virtude, se dite resolución pola que se anulen as inscricións censais no concello de Lobeira por alta de residencia desde o 01.01.2010 até o 31.01.2011, ao non estar debidamente xustificadas, ou subsidiariamente, se anulen as inscricións censáis das persoas que se reflicten no apartado 3º deste escrito, todo iso polos motivos indicados no mesmo.

Ourense, 11 de abril de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario