Propostas do BNG para Parroquias Santacruz e Cabaleiros

PROPOSTAS DO BNG PARA PARROQUIAS DE SANTACRUZ E CABALEIROS

PARQUE INDUSTRIAL EN OS CHAOS. O BNG apoia a construción dun Parque Comarcal en Os Chaos. Pola contra, o grupo de goberno do PP no concello non levou ao pleno o apoio solicitado pola Plataforma Cidadá creada para reivindicar a construción dun Parque Empresarial en Os Chaos; apoio que si recibiron dos outros concellos da comarca. Ao PP de Lobeira non lle interesa a instalación dun parque industrial no seu termino municipal.
AREA LÚDICO-RECREATIVA E DE LECER no entorno do encoro das Conchas, con instalacións que permitan a práctica de deportes náuticos. Posta en marcha do “embarcadoiro” de Os Chaos e limpeza da área recreativa.
TERREOS PARA DOTACIÓNS NA PONTE PEDRIÑA: O BNG presentou no Concello un documento coas sinaturas dos veciños de Santacruz e Cabaleiros para cesión dos terreos necesarios no monte para construción de infraestruturas comarcais da Baixa Limia.
LOCAL DE ENSAIO como plataforma de difusión cultural en dependencias en desuso do poboado das Conchas; fomentar a creación de grupos musicais.
Compromisos do BNG de Lobeira para parroquia de Santacruz:
• Asuntos Sociais. Axuda no fogar: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades, potenciando a autonomía persoal.
• Abastecemento auga corrente na Pontepedriña.
• Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
• Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
• Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
• Remate rede de sumidoiros en Labandeira; arranxo fonte de Carreiras.
• Camiño de Filgueira ata o Quintairo. Camiño de Viñoá en Tedós ata Pontepedriña.
• Desbroces para cazadores e gandeiros.
En Ermille: camiño de Cacheiró ata a canella da Cal e solución ao problema da fosa séptica e da rede de sumidoiro.
GAIÁS: solución ao abastecemento de auga corrente. Camiño da Pousa e camiño de Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Gaiás debaixo. Remate pista en Gaiás debaixo.
OS CHAOS: rehabilitación do forno. Arranxo tubarias de regadío na pista nova. Arranxo e limpeza camiño dende Fradalvite a Os Chaos.
CABALEIROS: Remate da rede de sumidoiros. Fonte do lugar darriba, poza e accesos a fonte. Pista de Baldoi e recuperación do Poldrado sobre o Río de Grou. Axuda para novas captacións de auga corrente e construción dun novo depósito. Camiño de Cabaleiros a Santacruz. Arranxo e limpeza de camiños en xeral.
Os candidatos do BNG da parroquia de Santacruz son Fátima Rodríguez da Ponte, Dolores Feijóo de Gaiás, Lito e Iago Fernández de Santacruz Jaime Cristino de Ermille.

lunes, 16 de mayo de 2011

Propostas para Parada do Monte, A Fraga e Taboazas

Compromisos do BNG de Lobeira con PARADA DO MONTE:
·          Arranxo integral da estrada provincial de Parada e Sanxés, con beirarrúas nos pobos, (non a 700 m. cada dous anos).
·          Arranxo da poza dos Casorcos para regadío e prevención de incendios, e arranxo da levada de Guxinde.
·          Recuperación do poldrado entre Parada e Senderiz.
·          Arranxo, manteñemento e limpeza da fosa séptica.
·          Axudas e subvencións para arranxo do forno e das fontes.
·          Desbroces para cazadores e gandeiros.
·          Limpeza e arranxo de camiños e pistas en xeral.
·          Axudas para rehabilitación de casas, antes que construír.
·          Apoio a festa de Parada: pola tradición, calidade e arraigo popular do evento que rebasa os ámbitos municipais, polo que é merecente de apoio e incentivación por parte dos poderes públicos.
Compromisos do BNG con Taboazas e A Fraga:
·          Pista de enlace entre A Fraga e Taboazas polo Monte de Pena Bicuda, 2,5 Km. de pista.
·          Desbroces no monte para gandeiros e cazadores.
·          Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
·          Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
·          Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
A FRAGA:
·          Remate da rede de sumidoiro e do abastecemento de auga corrente sanitaria.
·          Tubaria nova da fonte da igrexa.
·          Camiño dende o forno (ou o pontillón) ata o río do folón polo poleiro do cuco e arranxo do camiño vello das laxeiras.
En TABOAZAS:
·          Arranxo pista enlace coa carretera de Pereira de Bande ( 700 mts. de pista);
·          Arranxo escola para local social e rehabilitación do forno.



Especial atención polo Parque Natural, Red Natura e Reserva da Biosfera

PARQUE NATURAL: O BNG fomentará axudas para a poboación local, para os pobos dentro do parque ou na zona de influencias e para o desenvolvemento do espazo declarado como parque. Os pobos integrados no parque ou na zona de influencias, os propietarios de terreos situados total ou parcialmente no parque, os titulares de explotacións agrarias ou gandeiras, as comunidades de montes veciñais do parque e as pequenas empresas, autónomos ou cooperativas que teñan o seu domicilio fiscal no concello de Lobeira serán os grandes beneficiados destas axudas. Actividades; mellora da paisaxe agraria, limpeza e restauración de camiños, a sinalización, a mellora de infraestruturas de uso público nos pobos, rexeneración dos cauces fluviais, a loita contra incendios forestais, actividades ambientais, etc.
AXUDA NO FOGAR: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades cotiáns, potenciando a autonomía persoal.
TELEFONÍA MÓBIL: O BNG instará as operadoras de telefonía móbil para dotar ao concello dos equipos necesarios que melloren a cobertura no termino municipal.
RECURSOS NATURAIS canalizados a través do turismo rural como fonte de ingresos.
Acondicionamento dos ENTORNOS NATURAIS . Convenio de colaboración ca Conca Hidrográfica Miño-Sil para recuperación ambiental e rexeneración dos ríos. 
CONCELLO VERDE: O BNG vai protexer e coidar os espazos naturais para facer posible que todo mundo poida gozar destes lugares na súa mellor versión: “ A que a natureza deseñou”

PROPOSTAS DO BNG PARA PARROQUIA SANTA CRISTINA

RECURSOS NATURAIS canalizados a través do turismo rural como fonte de ingresos. Acondicionamento dos ENTORNOS NATURAIS do noso concello.
AXUDA NO FOGAR: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades cotiáns, potenciando a autonomía persoal.
TELEFONÍA MÓBIL: O BNG instará as operadoras de telefonía móbil para dotar ao concello dos equipos necesarios que melloren a cobertura no termino municipal.

Compromisos do BNG de Lobeira con SANTA CRISTINA:
·          Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
·          Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
·          Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
·          Desbroces no monte para cazadores e gandeiros

SOUTO:
·          Camiño do Muíño;  ensanche e arranxo do camiño onda capela (sobre350 mts.)
·          Axudas para novos mananciais de auga corrente sanitaria, e solución ao problema da fosa séptica que verte directamente sen depurar ao Río de Trasentes.
NOGUEIRA:
·          Arranxo fonte do fondo do lugar e construción levada de Novás.
·          Novas captacións de auga corrente ata unir ca traída principal
·          Solución ao problema da antiga fosa séptica.
VILARIÑO SANTA CRISTINA: 
·          Arranxo camiño da Festela (que vai a Porto Quintela),
·          Arranxo fontes: fonte dos palleiros con poza e lavadoiro.
·          Rehabilitación do forno do lugar.

CASTRO DA COROA. Presentación ao Programa LEADER do Roteiro do Castro da Coroa: escavación e posta en valor do Castro da Coroa de Santa Cristina.
·          Escavarase un pequeno sector complementario aos vestixios actualmente escavados.
·          Limpeza da Coroa e dos camiños de acceso. Limpeza do foxo defensivo.
·          Sinalización dun roteiro de sendeirismo dende A Nogueira.
·          Colocación de paneis informativos. Edición de folletos turísticos coa explicación do roteiro.

jueves, 5 de mayo de 2011

PROGRAMA ELECTORAL DO BNG

TEMPO DE COMPROMISO CON LOBEIRA

Lobeira necesita un cambio importante, e para iso o BNG basea os seus proxectos para Lobeira na potenciación dos recursos que temos no concello, para cambiar Lobeira, para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.
Apostamos por POTENCIAR OS NOSOS MONTES COA SÚA RIQUEZA FORESTAL,GANDEIRA E TURÍSTICA. Se o monte é rendible axuda a fixar poboación. Para o BNG, a creación de emprego e a reactivación da economía local serán os eixos fundamentais da acción de goberno.
Queremos mellorar a calidade de vida dos veciños/as con servizos que en pleno século XXI aínda carecen deles,  como é a conexión en tódolos pobos a unha rede municipal de sumidoiros e  unha rede municipal de auga corrente sanitaria.
PACTO POLO EMPREGO: o BNG aposta pola creación de emprego en servizos públicos municipais, e a promoción de medidas para a creación, apoio e mantemento do emprego autónomo ou en cooperativas. O pacto local polo emprego permitirá por en práctica de xeito rápido e eficiente medidas que favorezan a consecución dun posto de traballo, ademais de  permitir unha axeitada xestión dos fondos destinados á formación de traballadores/as.
AXUDA NO FOGAR: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades cotiáns, potenciando a autonomía persoal.
Queremos UN CENTRO DE DÍA MUNICIPAL: atención as persoas maiores autónomas ou afectadas por diferentes grados de dependencia, mellorando a súa calidade de vida e a integración social, favorecendo a autonomía persoal e a permanencia no seu entorno habitual.
Queremos RESCATAR A CONCESIÓN DO VELORIO e desmantelar o entramado da  adxudicación a un “amigo” do Alcalde. O velorio debe ser xestionado polo concello cunha ordenanza fiscal reguladora pola prestación do servizo, con prezos módicos, e non como está agora que os veciños deben pagar 400 € máis IVE por utilizar o servizo dun velorio feito con 135 mil € das arcas públicas. En Entrimo pagan 200 € por utilizar o Velorio; En Lobios pagan 320 € nun Velorio privado. En Bande, tamén privados, un cobra 320 € e o outro 400 €.  ¿A que ven esta discriminación con Lobeira?.
Queremos que as DEPURADORAS DO CONCELLO deixen de ser un fraude para os veciñas e veciñas; gastáronse milleiros de euros  en depuradoras inútiles. A día de hoxe NON funciona case ningunha delas. O BNG conseguirá o financiamento preciso para rematar a rede de saneamento e a posta en marcha na súa totalidade dos sistemas de depuración.
Queremos facer un convenio de colaboración có Ministerio de Medio Ambiente, Conca Hidrográfica do Miño-Sil, para recuperación ambiental, rexeneración das marxes e sendas peonís nos nosos ríos. Recuperación e arranxo dos poldrados de Parada-Senderiz, Barxa, Groicio e Baldoi no río Fragoso, e do poldrado do Rabo da Besta entre Vilariño e Baldemir.
Queremos por en valor o noso grande patrimonio megalítico, arqueolóxico, cultural e monumental, ata convertelo en elementos dinamizadores da comarca. RECUPERACIÓN DA CASA DO XOCAS en Facós, ata convertela nun Centro Etnográfico Comarcal. Negociar ca empresa Gas Natural-Fenosa a RECUPERACIÓN DA PONTE PEDRIÑA asolagada polo Encoro das Conchas no ano 1949, a pesares de que seis anos antes iniciarase expediente para declarala Monumento Histórico-Artístico. Xa daquela se propuña a súa reconstrución nun lugar próximo e axeitado a costa da empresa.

Queremos conseguir un concello sen medos, dinámico e con futuro para todos, “non só para o alcalde e as súas amizades”. Lobeira necesita abrir as fiestras do concello para deixar entrar a transparencia e a igualdade entre todos os cidadáns. É preciso que entre pola porta do Concello o aire da democracia. No concello de Lobeira aínda imperan modos doutras épocas;
Será o BNG o que logre que os veciños de Lobeira sintan que o Concello é de todos.

Cuestións importantes, entre outras, plantexadas polo BNG de Lobeira:

1.      ESTRADAS DO CONCELLO. ¿A que ven esta discriminación con Lobeira?: denunciamos a débeda histórica da Deputación Provincial con Lobeira. De 43 Km. de estradas do concello, só temos arranxados 8,7 km., que supón o 20%;  estes datos son discriminatorios con respecto aos outros concellos da comarca que teñen arranxadas as súas estradas nunha porcentaxe que triplica, no peor dos casos, aos km. arranxados no concello de Lobeira:  Muíños ten arranxados o 93%, Bande o 78%, Entrimo o 67% e Lobios o 63%. Solicitamos o compromiso firme da Deputación Provincial para arranxar as estradas do concello, cando menos, ata alcanzar a porcentaxe media da comarca.
2.      Presentamos unha moción para ARRANXO E MELLORA DO VIARIO MUNICIPAL:  Enlace entre a parroquia de Sanxés e Lobeira polo Groicio, ca variante de Vilariño. Mellora do camiño de Filgueira e O Quintairo na parroquia de Santacruz. Remate do enlace entre Taboazas e a pista de Pereira de Bande (700 mts.). Ensanche e arranxo do camiño de Viñoá entre Tedós e a Ponte Pedriña. Ensanche da pista de enlace entre Torneiros e a vía provincial 1212. Conexión entre a Fraga e Taboazas polo Monte de Pena Bicuda. Arranxo e ensanche en Gaiás do camiño da Pousa e o camiño de Cimadevila.     
3.      PLAN XERAL DE ORDENACIÓN: A construción nos pobos está paralizada por non dispor dun Plan. Solicitamos a constitución dunha comisión mixta para seguimento e redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), e que se faga atendendo as necesidades reais do concello e con especial atención ao patrimonio cultural, monumental, arqueolóxico e megalítico do concello.
4.      Moción sobre a RETIRADA CANON DA AUGA: o PP cobraralle aos veciños polas súas traídas e pozos particulares. O novo canon da Xunta de Galicia non exclúe de pagar o imposto a ningún núcleo rural. A instalación dun contador homologado será obrigatorio. O BNG solicitou a retirada destas medidas que prexudican especialmente ao veciños/as do rural que terán que pagar o canon polo aproveitamento das augas dos seus propios pozos, ou de traídas veciñais.
5.      Denunciamos a utilización de medios públicos por parte do alcalde para beneficio particular, como foi o caso da construción dunha poza pola brigada municipal na finca do alcalde, en xornada e horario laborable, ou a corta de leña para o alcalde e os seus amigos.
6.      Solicitamos a redución nun 50% das cantidades percibidas polo alcalde e a corporación: aforro de 35 mil €  ano que se poden destinar a construción de servizos ou obras demandadas polos veciños/as.
7.      INTERNET: Solicitamos calidade e prezos igual que os ofertados nas zonas urbanas. TELEFONÍA MÓBIL: en máis do 40 % do territorio municipal non hai cobertura ou é deficitaria. O BNG instará as operadoras (Movistar, Vodafone, Orange, etc...) para dotar ao concello dos equipos necesarios que melloren a cobertura da telefonía móbil.
8.      Denunciamos que a “igualdade de oportunidades como criterio do xusto” en Lobeira non existe: de feito, non todos somos iguais, que hai privilexios, prebendas e tratos de favor segundo o parentesco, ou outras circunstancias (relacións de amizade, sentimentais ou políticas) que establecen diferenzas e unha inxustificable desigualdade entre uns e outros. Para o grupo do PP de Lobeira “non lle interesa o emprego de todos por igual, xa que non todos teñen as mesmas posibilidades de acceso aos postos da administración municipal”. 
9.      Presentamos unha moción contra os recortes sociais da Xunta de Galicia,  xa que supón unha redución considerable de cartos para axuda no fogar e para os centros de día. Con esta medida a Xunta ensáñase cos que menos ten e cos máis necesitados.
10. LOCAIS DE ENSAIO: plataforma de difusión cultural; acondicionar un establecemento público municipal preparado acusticamente e debidamente insonorizado, de libre concorrencia e gratuidade, con material e equipamento básico necesario para os ensaios. Un local para dar resposta as inquedanzas musicais da xuventude, fomentando e potenciando a creación de grupos musicais. 

RECURSOS NATURAIS DO CONCELLO

·        Impulsar os RECURSOS NATURAIS canalizados a través do turismo rural como fonte de ingresos.
·        Acondicionamento dos ENTORNOS NATURAIS do noso concello.
·        Convenio de colaboración ca Conca Hidrográfica Miño-Sil para recuperación ambiental e rexeneración das marxes dos noso ríos. 
·        AREA LÚDICO-RECREATIVA E DE LECER no entorno do encoro das Conchas, con instalacións que permitan a práctica de deportes náuticos. Posta en marcha da área recreativa de Os Chaos.

·       PARQUE NATURAL: O BNG fomentará axudas para a poboación local, para os pobos dentro do parque ou na zona de influencias e para o desenvolvemento do espazo declarado como parque. Os pobos integrados no parque ou na zona de influencias, os propietarios de terreos situados total ou parcialmente no parque, os titulares de explotacións agrarias ou gandeiras, as comunidades de montes veciñais do parque e as pequenas empresas, autónomos ou cooperativas que teñan o seu domicilio fiscal no concello de Lobeira serán os grandes beneficiados destas axudas. Actividades; mellora da paisaxe agraria, limpeza e restauración de camiños, a sinalización, a mellora de infraestruturas de uso público nos pobos, rexeneración dos cauces fluviais, a loita contra incendios forestais, actividades ambientais, etc.
·       CONCELLO VERDE: O BNG vai protexer e coidar os espazos naturais para facer posible que todos poidan gozar destes lugares na súa mellor versión:
“ A que a natureza deseñou”