RECURSOS NATURAIS canalizados a través do turismo rural como fonte de ingresos. Acondicionamento dos ENTORNOS NATURAIS do noso concello.
AXUDA NO FOGAR: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades cotiáns, potenciando a autonomía persoal.
TELEFONÍA MÓBIL: O BNG instará as operadoras de telefonía móbil para dotar ao concello dos equipos necesarios que melloren a cobertura no termino municipal.
Compromisos do BNG de Lobeira con SANTA CRISTINA:
· Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
· Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
· Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
· Desbroces no monte para cazadores e gandeiros
SOUTO:
· Camiño do Muíño; ensanche e arranxo do camiño onda capela (sobre350 mts.)
· Axudas para novos mananciais de auga corrente sanitaria, e solución ao problema da fosa séptica que verte directamente sen depurar ao Río de Trasentes.
NOGUEIRA:
· Arranxo fonte do fondo do lugar e construción levada de Novás.
· Novas captacións de auga corrente ata unir ca traída principal
· Solución ao problema da antiga fosa séptica.
VILARIÑO SANTA CRISTINA:
· Arranxo camiño da Festela (que vai a Porto Quintela),
· Arranxo fontes: fonte dos palleiros con poza e lavadoiro.
· Rehabilitación do forno do lugar.
CASTRO DA COROA. Presentación ao Programa LEADER do Roteiro do Castro da Coroa: escavación e posta en valor do Castro da Coroa de Santa Cristina.
· Escavarase un pequeno sector complementario aos vestixios actualmente escavados.
· Limpeza da Coroa e dos camiños de acceso. Limpeza do foxo defensivo.
· Sinalización dun roteiro de sendeirismo dende A Nogueira.
· Colocación de paneis informativos. Edición de folletos turísticos coa explicación do roteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario