Propostas do BNG para Parroquias Santacruz e Cabaleiros

PROPOSTAS DO BNG PARA PARROQUIAS DE SANTACRUZ E CABALEIROS

PARQUE INDUSTRIAL EN OS CHAOS. O BNG apoia a construción dun Parque Comarcal en Os Chaos. Pola contra, o grupo de goberno do PP no concello non levou ao pleno o apoio solicitado pola Plataforma Cidadá creada para reivindicar a construción dun Parque Empresarial en Os Chaos; apoio que si recibiron dos outros concellos da comarca. Ao PP de Lobeira non lle interesa a instalación dun parque industrial no seu termino municipal.
AREA LÚDICO-RECREATIVA E DE LECER no entorno do encoro das Conchas, con instalacións que permitan a práctica de deportes náuticos. Posta en marcha do “embarcadoiro” de Os Chaos e limpeza da área recreativa.
TERREOS PARA DOTACIÓNS NA PONTE PEDRIÑA: O BNG presentou no Concello un documento coas sinaturas dos veciños de Santacruz e Cabaleiros para cesión dos terreos necesarios no monte para construción de infraestruturas comarcais da Baixa Limia.
LOCAL DE ENSAIO como plataforma de difusión cultural en dependencias en desuso do poboado das Conchas; fomentar a creación de grupos musicais.
Compromisos do BNG de Lobeira para parroquia de Santacruz:
• Asuntos Sociais. Axuda no fogar: apoio a persoas e as familias con serias limitacións para realizar as súas actividades, potenciando a autonomía persoal.
• Abastecemento auga corrente na Pontepedriña.
• Arranxo, manteñemento e limpeza das fosas sépticas.
• Arranxo das fontes dos lugares e limpeza de camiños e pistas en xeral.
• Axudas para rehabilitación de casas antigas, antes que construír.
• Remate rede de sumidoiros en Labandeira; arranxo fonte de Carreiras.
• Camiño de Filgueira ata o Quintairo. Camiño de Viñoá en Tedós ata Pontepedriña.
• Desbroces para cazadores e gandeiros.
En Ermille: camiño de Cacheiró ata a canella da Cal e solución ao problema da fosa séptica e da rede de sumidoiro.
GAIÁS: solución ao abastecemento de auga corrente. Camiño da Pousa e camiño de Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Cimadevila. Arranxo poza e fonte en Gaiás debaixo. Remate pista en Gaiás debaixo.
OS CHAOS: rehabilitación do forno. Arranxo tubarias de regadío na pista nova. Arranxo e limpeza camiño dende Fradalvite a Os Chaos.
CABALEIROS: Remate da rede de sumidoiros. Fonte do lugar darriba, poza e accesos a fonte. Pista de Baldoi e recuperación do Poldrado sobre o Río de Grou. Axuda para novas captacións de auga corrente e construción dun novo depósito. Camiño de Cabaleiros a Santacruz. Arranxo e limpeza de camiños en xeral.
Os candidatos do BNG da parroquia de Santacruz son Fátima Rodríguez da Ponte, Dolores Feijóo de Gaiás, Lito e Iago Fernández de Santacruz Jaime Cristino de Ermille.

jueves, 24 de marzo de 2011

Lobeira: "a igualdade de oportunidades como criterio do xusto"

A igualdade de oportunidades é unha forma de xustiza social que propugna que un sistema é socialmente xusto cando todas as persoas teñen as mesmas posibilidades de acceder ao benestar social e posúen os mesmos dereitos políticos e civís.
En Lobeira, xa sabemos que, de feito, non todos somos iguais ante a lei, que hai privilexios, prebendas e tratos de favor segundo o parentesco, ou outras circunstancias (relacións de amizade, sentimentais ou políticas) que establecen diferenzas, preferencias e unha inxustificable desigualdade entre uns e outros.
Esta situación tórnase especialmente notoria, ao par que agravante. Pero este tema é así, pese a que a hipnoses colectiva fai que gran parte da poboación mire para outro lado considerando o tema como outro “tabú” máis dos que existen en Lobeira.
PREVARICAR, non é nin máis nin menos que tomar decisións a sabendas de que son inxustas, co obxecto de beneficiar a persoa, ou persoas, determinadas. Dar traballo a parados non é inxusto; a pregunta é, ¿por qué sempre aos mesmos parados?, ¿non ten tódolos parados de Lobeira dereito a seren contratados polo concello?; isto si que é inxusto e presuntamente ilegal.
O BNG de Lobeira estudia a posibilidade de por en coñecemento da xustiza unha serie de contratos temporais efectuados polo concello nos últimos anos, e que poderían ser constitutivos de “un presunto delito de prevaricación continuada”.
Para o BNG, este tipo de contratacións amosan que ao grupo de goberno do PP “non lle interesa o emprego de todos por igual, xa que non todos teñen as mesmas posibilidades de acceso aos postos da administración municipal”.

miércoles, 23 de marzo de 2011

BNG: tempo de compromiso con Lobeira

      Estimado veciño- veciña:
Como ben sabes o vindeiro 22 de maio celébranse eleccións municipais e preséntome como candidato a alcaldía de Lobeira  encabezando a candidatura do BNG.
Lobeira necesita un cambio importante, e para iso o BNG basea os seus proxectos para Lobeira na potenciación dos recursos que temos no concello, apostando forte polo potencial dos nosos montes coa súa riqueza forestal, gandeira e turística. Queremos incidir, dende o goberno municipal, na dinamización económica e na política social e de servizos públicos. Defendemos unha economía produtiva que poña en valor os nosos recursos creando emprego, co reforzo do potencial turístico dos nosos montes, do noso patrimonio arqueolóxico, cultural e monumental.
Prestaremos especial atención aos servizos para os maiores, coa construción dun “Centro de Día” con prazas residenciais, facendo dos servizos públicos municipais o mellor exemplo da calidade de vida que aspiramos a conseguir para Lobeira.                          
Co voso apoio, vamos a conseguir unha transformación positiva de Lobeira. Xuntos conseguiremos un futuro mellor. 
"O BNG de Lobeira é a única alternativa seria de goberno con garantía de éxito" 
Antón Álvarez Álvarez